mangleiro

mangleiro

(< voz caribeña ou arahuaca mangle)

s m [PLANTA]

Denominación que se aplica a calquera das especies de árbores que integran o mangleiral, adaptadas á vida en augas salobres. Adoitan presentar glándulas secretoras de sal, e a miúdo, raíces respiratorias ou pneumatóforas. Destacan o mangleiro vermello (Rhizophora mangle), o mangleiro verde (Sonneratia sp), o mangleiro negro (Avicennia germinans) e o mangleiro branco (Laguncularia racemosa). Os xéneros Lummitzera, Bruguiera, Ceriops, inclúen tamén algunhas especies que son consideradas mangleiros.

Palabras veciñas

Mangel, Marcel | mangle | mangleiral | mangleiro | 1 mango | Mangochi | Mangoeiro