mangosta
(< fr mangouste)
-
s
f
[ANIMAL]
Nome que se lle dá a diversos mamíferos carnívoros, da familia dos herpéstidos á que pertencen, entre outros, os xéneros Atilax, Cynitis, Helogale ou Herpestes. Son animais de tamaño medio, coas patas curtas, as unllas desenvolvidas non retráctiles e a cola longa e de cor uniforme. Son de hábitos diúrnos, e a súa estrutura social pode ser complexa. Destacan as especies Herpestes ichneumon, Herpestes edwardsi (mangosta gris da India) e Suricata suricatta (suricata).
-
mangosta común/africana/ibérica
Mamífero de 50-55 cm de lonxitude cabeza-tronco, 35-45 cm de cola e un peso de ata 8 kg. Ten a pelaxe grisácea, coas patas máis escuras ca o resto do corpo. Distribúese por parte de África, e S de España e Portugal, aínda que no pasado viviu en Galicia e Asturias. Habita en páramos con matorrais e terreos rochosos de escasa vexetación, ten costumes diúrnos, e aliméntase de mamíferos e réptiles. En España, están protexidas pola lei e está prohibida a súa caza.