manicomio
(< manía + gr κομεἰν ‘coidar’)
-
s
m
Establecemento dedicado a aloxar e, máis modernamente, a tratar de curar os enfermos mentais. O feito de que a finais do s XVIII a loucura fose considerada simplemente un perigo social, determinou que os enfermos mentais fosen tratados practicamente como malfeitores e criminais. Francia e Inglaterra foron os primeiros estados que estableceron unha lexislación de acordo coas esixencias derivadas dunha nova comprensión da loucura como enfermidade, a miúdo curable. En Galicia, en xullo de 1885, fúndase en Santiago de Compostela o primeiro manicomio, en Conxo, con catro séculos de diferenza respecto ao primeiro do Estado Español; era unha institución privada en mans da igrexa e outros socios capitalistas, ata que en 1969 pasou a mans da Deputación da Coruña.
-
s
m
Lugar onde reina a confusión, a desorde ou o balbordo.