Manifesto Groc
Manifesto Groc
Manifesto que apareceu en marzo de 1928 asinado por Salvador Dalí, Lluís Montanyà e Sebastian Gasch. Foi o documento literario máis coñecido da vangarda catalá da década de 1920. Os seus trazos esenciais son a denuncia do novecentismo como corrente mistificadora do helenismo e a afirmación das novas correntes artísticas ligadas ao progreso da técnica. Editado e distribuído polos mesmos autores, acadou unha gran difusión en toda a Península Ibérica e foi duramente criticado, especialmente por Carles Soldevila en La Publicitat.