Manitoba
Manitoba
Provincia de Canadá, situada na fronteira S con EE UU (649.950 km2; 1.119.583 h [2001]). A súa capital é Winnipeg. A gran chaira de Manitoba é o fondo dun antigo lago glaciario. O clima é frío pero relativamente seco e a vexetación componse de tundra e bosques. O principal cultivo é o trigo, seguido do liño e do orxo. Posúe explotacións minerais, das que destaca as de mineral de níquel.