Manuel Lueiro Rey, certame literario

Manuel Lueiro Rey, certame literario
[LIT]

Premio de novela curta convocado polo concello do Grove desde 1992, coa colaboración de Sotelo Blanco Edicións. Gañaron este premio obras como Breve crónica universal da clase obreira (2001), de Santiago Jaureguizar, O mono no espello (2002), de Xabier López López e Ácaros verdes (2003), de Pilar Buela Piedra.