maquía

maquía

(< ár makîla)

  1. s f [METROL]

    Medida de capacidade para grans, legumes ou aceite, de valor variable segundo os lugares, que equivale normalmente á sexta parte dun ferrado.

  2. s f

    Recipiente de diversos materiais que se utiliza como medida.

  3. s f

    Porción de gran, fariña ou aceite que se paga ao muiñeiro por moer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Muíño parado non gaña maquía. Non fíes en maquía de muiñeiro, nin creas en comida de despenseiro”.