máquina

máquina

(< lat machĭna < gr μαϕανά)

    1. s f [TECNOL]

      Conxunto, máis ou menos complexo, de pezas sólidas ou aparatos que serve para transformar un tipo de enerxía en traballo ou noutro tipo de enerxía, ou ben para aproveitar a acción dunha forza para producir certos efectos. Clasifícanse en máquinas motrices, que transforman en enerxía mecánica a enerxía que se lles proporciona, e máquinas operativas, que actúan sobre a materia modificándoa en forma ou dimensións. Segundo as súas aplicacións, pódense clasificar en máquinas agrícolas, máquinas ferramentas ou máquinas calculadoras, entre outras. Segundo a forma como se lle proporcione enerxía ou a forma de enerxía producida, diferéncianse as máquinas eléctricas das máquinas de fluído, que poden ser pneumáticas, hidráulicas ou térmicas.

    2. máquina agrícola AGR [AGR]

      Máquina movida por medio de enerxía mecánica que se emprega para facer as tarefas agrícolas, en substitución do traballo manual. Clasifícanse segundo o tipo de faena que realicen: traballar o solo (aradora ou escarificadora), sementar (sementadora), recolección (recolledora), entre outras.

    3. máquina automática /CIBER [AUTOM/CIBER]

      Máquina que funciona segundo os principios da automática, de maneira que fai corresponder unha certa magnitude de saída a unha de entrada. A maioría destas máquinas son destinadas a efectuar un traballo determinado, e poden ser pasivas ou activas, segundo que a enerxía de saída sexa inferior ou superior, respectivamente, á de entrada.

    4. máquina de vapor [TECNOL]

      Máquina térmica que obtén a enerxía motriz polo vapor de auga producido nunha caldeira. As primeiras máquinas de vapor descritas -Giovanni Battista della Porta (1601), E. Sommerset (1663)- non conseguiron aplicacións prácticas. En 1690 D. Papin propuxo a obtención de traballo a partir do baleiro producido pola condensación de vapor no interior dun cilindro provisto dun émbolo; pero foi T. Savery quen construíu, en 1698, a primeira máquina de vapor, aplicada ao bombeo de auga nas minas; o seu uso estendeuse tamén á subministración de auga das poboacións e á tracción de rodas hidráulicas. En 1705 T. Newcomen, seguindo o proxecto de D. Papin, construíu unha máquina de vapor na que o eixe, xunto co émbolo, accionaba unha bomba de auga por medio dunha balanza cun contrapeso. A mediados do s XVIII James Watt introduciu o uso do condensador independente e o mantemento da temperatura do cilindro por medio dunha camisa de vapor. Coas modificacións introducidas, patentadas en 1769, conseguíase un grande aforro de combustible. En 1781 Watt patentou diversos sistemas para converter o movemento alternativo en rotativo. Ao ano seguinte patentou dúas modificacións de grande importancia, inventadas anos antes, unha era a utilización de dúas caras do émbolo como superficies de traballo, e outra, a aplicación da expansión do vapor para a produción de traballo. Avanzou tamén o uso da válvula reguladora da velocidade de admisión do vapor e un regulador centrífugo para o control da válula reguladora. En 1789, Richard Trevithick introduciu a máquina de vapor a alta presión e sen condensación para o impulso de carruaxes de rodas. O desenvolvemento da máquina de vapor foi impulsada pola súa aplicación nos campos fundamentais da industrialización: os transportes e a enerxía de tracción das industrias. Consta, esencialmente, dunha caldeira, xeralmente de alta presión, que proporciona o vapor, que é conducido a un ou varios cilindros a través dun regulador centrífugo e dun distribuidor, sincronizados cos movementos do émbolo. O vapor que xorde do cilindro pode ser expulsado á atmósfera, como no caso das locomotoras, ou ben pasar a un condensador, para ser conducido de novo á caldeira por medio dunha bomba. O movemento do émbolo transmítese por medio dun sistema de biela e cegoñal. A fracción de calor que se converte en traballo mecánico denomínase rendemento térmico.

  1. [GRÁF]
    1. s f

      Prensa de impresión.

    2. máquina plana

      Prensa de impresión plano-cilíndrica.

  2. s f

    Nome xenérico de diferentes aparellos empregados en oficios diversos.

    Ex: A costureira comprou unha máquina de coser nova. Levou a arranxar a máquina de escribir.

  3. s f

    ehículo que funciona cun motor, especialmente referido á locomotora ou ao coche.

  4. s f [INFORM]

    Maquinaria, especialmente a que non inclúe os elementos de conexión e o cableado do ordenador.

  5. s f

    Tremoia do teatro para a súa transformación.

  6. s f máquina de guerra [BÉL]

    Artefacto que se utiliza nas guerras para lanzar proxectís.

  7. máquina de lizos [TÉXT]

    Mecanismo acoplado ao tear, encargado de mover os lizos para formar a calada, cando o número de lizos non sobrepasa a trintena. Ten un ou dous coitelos, sometidos a un movemento de vaivén, que poden enganchar e arrastrar uns ganchos, cada un dos cales move un linzo por medio dun sistema de pancas e tirantes. Unha cadea selecciona os ganchos que son arrastrados polo coitelo e arrímaos de tal xeito que se enganchan. Cada ringleira transversal de buratos e tapas nos debuxos corresponde a unha volta do entramado.

    Sinónimos: rateira.
  8. máquina do mundo

    Denominación que recibía na Antigüidade o Universo.

Frases feitas

  • Á máquina. Utilizando unha ou varias máquinas.

  • 2 Ter alguén moita resistencia física.

  • 3 Ter alguén unha gran capacidade de traballo.

  • A toda máquina. Moi rápido.

  • Ser unha máquina 1 Facer algo moi rápido ou moi ben.