Mar da Palha
Mar da Palha
Esteiro situado na desembocadura do Tejo, en Lisboa. Presenta ao N unha serie de illotes de carácter aluvial. Á beira de Lisboa forma unha angostura duns 16 km, ata chegar ao océano, na entrada do que se localiza o illote rochoso de Bugio, fronte a Trafaria.