Maranhão
Maranhão
Estado do NL de Brasil, con saída ao Océano Atlántico polo N (329.556 km2; 5.651.475 h [2000]). A capital é São Luís. Está formada por unha ampla chaira costeira ao N e unha rexión de cumios chairos cara ao interior. O clima é ecuatorial, con chuvias abundantes. A poboación é india no interior, mentres os negros, mulatos e mestizos concéntranse na costa. Posúe cultivos de algodón, cana de azucre e arroz. É unha das zonas pesqueiras máis importantes do país.