Maratón, Batalla de
Maratón, Batalla de
Batalla librada na chaira de Maratón, no démoi da costa NL da Ática, en setembro de 490 a C. Os persas, que desexaban castigar os atenienses polo seu apoio á rebelión das cidades xónicas, desembarcaron na zona norte da chaira. Os seus opoñentes atenienses atacáronos sen agardar polos reforzos espartanos e obrigáronos a embarcar.