marcador -ra
marcador -ra
(< marcar)
-
adx e s
Que ou quen serve para marcar.
-
s
m
Taboleiro en que se marcan os tantos dun equipo ou xogador nunha competición.
-
s
[DEP]
Xogador que se encarga de marcar o adversario.
-
marcador xenético
[XEN]
Xene ou sección de ADN, de localización física coñecida sobre un cromosoma, a herdanza do que pode ser seguida, o que fai que se empregue para a identificación de segmentos cromosómicos. Os marcadores xenéticos contribúen á identificación e localización dos xenes responsables de determinadas enfermidades.