marchante

marchante

(< fr marchand)

  1. s

    Comerciante ambulante, especialmente o que trata con gando.

    Ex: Á feira de Chantada viñan marchantes de toda Galicia.

    Sinónimos: tratante.
  2. s

    Comerciante de obras de arte.

    Ex: Merqueille o cadro ó marchante.

  3. s m

    Individuo con quen mantén relacións amorosas unha muller.

    Ex: Quedaban ela e o seu marchante na casa.