Margarida María de Alacoque, santa
Margarida María de Alacoque, santa
(Verosvres, Charolais 1647 - Paray-le-Monial 1690) Mística francesa. Profesou (1672) no convento da Visitación e manifestou que recibira de Xesús Cristo o encargo de propagar a devoción ao Sagrado Corazón. Na iconografía represéntase case anciá, con hábito escuro, en éxtase e axeonllada cos ollos cara ao ceo, e o seu atributo persoal é un corazón ou unha coroa de espiños na man. Canonizada en 1920, a súa festividade celébrase o 16 de outubro.