María Laach, abadía de
María Laach, abadía de
Mosteiro bieito situado en Renania. Fundado en 1093, quedou secularizado durante uns cantos séculos, e renovou a vida monástica a finais do s XIX. A igrexa (s XII) é un dos exemplares románicos máis importantes da Renania. Centro cultural e monástico, tivo un papel moi destacado na renovación litúrxica.