marioneta

marioneta

(< fr marionnette)

  1. s f

    Boneco articulado e accionado desde o alto por unha cruz de onde penduran uns fíos para dirixir cada movemento dos seus membros.

    Ex: A túa filla fixo unha marioneta no colexio.

    Sinónimos: monicreque, monifate.
  2. s f pl

    Representación teatral que se realiza con estes bonecos.

    Ex: Imos ver o teatro de marionetas na praza.

    Sinónimos: monicreque, monifate.
  3. s f

    Persoa que se deixa manexar facilmente.

    Ex: O teu irmán parece unha marioneta da súa moza.

    Sinónimos: monicreque, monifate.