marmeleiro
marmeleiro
(< marmelo)
-
s
m
[PLANTA]
Árbore ou arbusto de 1,5 a 6 m de altitude, que presenta follas caducas, ovadas, enteiras e alternas. As flores son solitarias, grandes, co pedúnculo case nú e de pétalos de cor branca-rosada e de froito en pomo, denominado marmelo. Os marmelos son globosos ou piriformes, fragrantes, de pel grosa e tomentosa. É orixinario de Irán e Turquestán, e cultívase en gran parte de Europa.
-
marmeleiro de Xapón
[PLANTA]
Arbusto espiñento de 1 a 3 m de altura, de follas alternas lanceoladas e serradas, flores escarlatas e froitos tipo poma, globulares e verdosos. Cultívase en xardinería. É orxinario de Extremo Oriente.