Marne, Batallas do

Marne, Batallas do

Conxunto de conflitos armados desenvolvidos durante a Primeira Guerra Mundial nos arredores do río Marne. A primeira batalla enfrontou os franceses e os aliados contra os alemáns en setembro de 1914. Os alemáns, que lanzaran unha ofensiva en dirección a París, encontráronse co intento do xeneral J. Joffre de restablecer a fronte na liña Somme-Verdun, mais a derrota do corpo expedicionario inglés en Cateau obrigouno a repregarse. O primeiro exército alemán de von Kluck aproveitou este momento para atravesar o Marne, pero Joffre reaccionou e obrigounos a retroceder e a retirarse cara ao N. Durante a segunda batalla, librada en xullo de 1918, os alemáns cruzaron novamente o Marne ao L de Château-Thierry (nome con que tamén se coñece esta batalla), pero o contraataque dos exércitos franceses dos xenerais Mangin e Degoutte conseguiu unha nova e efectiva derrota sobre aqueles, que resultou decisiva na contenda.

Palabras veciñas

marmulo | Marne | Marne | Marne, Batallas do | Marne-Saona, canal | Marnix, Philip van de | Marobodo