marqués -sa

marqués -sa

(< marca ‘territorio fronteirizo’)

  1. s [HIST]
    1. Gobernador dun territorio fronteirizo ou marca na Idade Media.

    2. Persoa que ten ao seu cargo o goberno dun marquesado.

  2. s [HIST]
    1. Título nobiliario superior en rango ao de conde e inferior ao de duque. No Reino de Castela os primeiros títulos de marqués foron os de Villena (1366 e 1445) e de Astorga (1465); en Reino Unido, os de Dublín (1385), os de Dorset e os de Somerset (1397), e, en Italia, os de Ivrea (876), Monferrato (954) e Saluzzo (1125). En Francia este título foi suprimido en 1789 e restablecido por Luís XVIII.

    2. Persoa que posúe o título nobiliario de marqués.