marraxo

marraxo
  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Tiburón, de ata 3 m de lonxitude, que presenta o corpo fusiforme e robusto. O fociño é cónico e aguzado, a boca ampla e os dentes, moi semellantes nos dous maxilares, son estreitos, delgados e de bordo liso. A primeira aleta dorsal é grande, e ten a súa orixe na inserción das pectorais, a anal ten a súa orixe na segunda dorsal, ambas as dúas moi pequenas, e a caudal ten forma de lúa crecente. É de cor azul agrisada na zona dorsal e nos flancos e branca na zona ventral e no extremo posterior da primeira aleta dorsal. Aliméntase fundamentalmente de pequenos peixes. É un bo nadador e pódese atopar só, en cardumes ou en outras agregacións con fins alimentarios. A súa distribución é litoral e epipeláxica.

  2. marraxo azul [ANIMAL/ICT]

    Tiburón ovovivíparo que presenta un corpo lixeiramente alongado que pode medir ata 4 m de longo. Aliméntase doutros peixes, incluíndo outros tiburóns, sendo un dos poucos predadores que ten o peixe espada. É de cor azul mariña ou negra por riba, que se aclaran a cinsenta no ventre. É unha especie de superficie propia de augas quentes.

Palabras veciñas

Marraquex | marrar | Marratxí | marraxo | marrear | Marrener, Edythe | marreta