Marshall, Plan

Marshall, Plan

Programa elaborado por EE UU para a axuda económica a Europa, aprobado o 2 de abril de 1948, segundo unha idea de George C. Marshall. De nome European Recovery Program (ERP), a súa finalidade era financiar a reconstrución das economías dos estados da Europa Occidental mediante préstamos e cesións nun termo de catro anos. España foi excluída. A administración deste plan foi confiado pola parte europea á OECE, despois OCDE.