marsupial
marsupial
(< marsupio)
-
adx
Relativo ou pertencente aos marsupiais.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos marsupiais.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de mamíferos metaterios que se caracterizan pola presenza nas femias dun marsupio na zona ventral do abdome. Tamén carecen de corpo caloso no cerebro. A súa alimentación pode ser insectívora, herbívora, carnívora e omnívora. Viven en Australia e Nova Guinea, salvo unha familia que vive en zonas concretas de América. Pertencen a esta orde os canguros e os coalas.