Marta

Marta
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede do arameo ou siríaco Martâ, derivado do nome común marta ‘señora, patroa’, que pasou ao grego e latín como Martha. Santa Marta de Betania é patroa do concello de Ortigueira, onde se celebra o 29 de xullo, e é titular de sete parroquias, mentres que santa Marta de Persia se celebra o 29 de xaneiro.