martensítico -ca

martensítico -ca

(< martensita)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á martensita.

  2. adx

    Aplícase ao aceiro que contén martensita.

  3. transformación martensítica [IND]

    Transformación con cambio de fase producida dunha maneira moi rápida e sen difusión atómica. É típica do temperado do aceiro, pero tamén se presenta noutros metais e aliaxes.