Martiño de Tours, san

Martiño de Tours, san

(Panonia 316? - Turena 397) Bispo de Tours (371-397), fillo dun tribuno militar. Foi exorcista en Poitiers, xunto a santo Hilario, que o ordenou sacerdote. Elixido bispo de Tours, o seu episcopado marcou o triunfo do cristianismo no O de Galia e organizou numerosos mosteiros, dos que destaca o de Marmoutier. En Galicia ten un dos cultos máis antigos e considérase protector da colleita do viño e do gando bovino e porcino, e avogoso dos perigos da fame da guerra e tamén dos camiñantes. A súa representación máis coñecida é na que parte a capa para repartir cos pobres. A súa festividade celébrase o 11 de novembro.