martiroloxio
martiroloxio
(< gr tardíoμαρτυρολόγιον)
s
m
[RELIX]
Libro litúrxico que contén o nome dos santos, xunto á historia do seu martirio, por orde dos días do ano. É unha evolución do calendario, do que se diferenza polo seu carácter máis universal. Na Idade Media formáronse os martiroloxios históricos, dos que destacan o de san Beda o Venerable e o de Adón de Viena. O cardeal Cesare Baronio editou o Martyrologium Romanum (1586).