maseira

maseira

(< masa)

  1. s f

    Pía de pedra ou de madeira onde se bota a comida aos porcos.

    Ex: Este porco non come nada, sempre ten a maseira chea.

    Sinónimos: bacía.
  2. s f

    Recipiente grande de madeira, onde se pode amasar o pan ou gardar a comida.

    Ex: Na casa da miña avoa había unha maseira para amasar o pan.

    Sinónimos: artesa.