Masid, castelo de ou castelo de Ferreira de Pantón

Masid, castelo de ou castelo de Ferreira de Pantón

Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

1 másico | 2 másico -ca | masicote | Masid, castelo de ou castelo de Ferreira de Pantón | masidao -dá | Maside | Maside