Massó
Massó
Familia burguesa de orixe catalá que se estableceu en Bueu a comezos do s XIX. O pioneiro foi Salvador Massó Palau, que chegou en 1816 e estableceu unha fábrica de salgadura en Bueu. Realizaron as primeiras innovacións técnicas para transformar as industrias de salgadura nas modernas industrias conserveiras, a través da sociedade Salvador Massó e Hijos, que asinou un convenio coa compañía francesa Dargenton e constituíu a empresa La Perfección. Na década de 1940 comezou a funcionar a factoría de Cangas, que se converteu nunha das máis importantes de Europa.