mastaba
mastaba
(< ár mastaba ‘banco’)
s
f
[ARQUIT/HIST]
Antigo tipo de tumba exipcia. Tiña unha subestrutura escavada na terra, onde se atopaban a cámara funeraria e o sarcófago, e unha superestrutura con catro costados formados por noiros. Nesta superestrutura só existía orixinalmente unha cámara das ofrendas ou capela, pero a partir da dinastía IV abriuse unha nova sala denominada serdab, onde se depositaba a estatua do defunto. A súa decoración, en relevos pintados, non comezou ata a dinastía IV. Destacan especialmente as de Ti e Pta Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥḥ etep, da dinastía V, e as de Kagemni e Mereruka, da dinastía VI, todas elas en Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṣ aqqāra.