Matabois, campo de
Matabois, campo de
Conxunto de gravados rupestres situados en Morillas (Campo Lameiro). Componse de varias rochas que destacan polo gran número de espadas curtas e puñais representados, ademais de pegadas de animais dun gran realismo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1974.