maternidade

maternidade

(< materno)

  1. s f

    Estado ou condición de nai.

    Ex: Está moi feliz coa súa maternidade.

  2. s f

    Feito de traer un fillo ao mundo.

    Ex: Realizouse persoalmente coa súa recente maternidade.

  3. s f [DER]
    1. Lazo afectivo e legal que une a nai co fillo.

    2. Período de descanso do que goza a nai traballadora con motivo das situacións de maternidade, adopción ou acollemento, tamén extensible ao pai.

  4. s f [MED]

    Centro sanitario destinado á asistencia ás embarazadas, aos partos e aos neonatos.

  5. s f [ARTE]

    Representación artística dunha nai co seu fillo no colo. En particular, denomínase deste xeito a representación da Virxe co neno.

Palabras veciñas

materializar | matérico -ca | maternal | maternidade | maternización | maternizar | materno -na