matiz

matiz

(< matizar)

  1. s m

    Cada un dos tons dunha mesma cor, desde o máis claro ao máis escuro.

  2. s m

    Trazo, calidade ou carácter pouco destacado que serve para diferenciar ou interpretar algo, pero que non afecta á esencia da cousa.

    Ex: Notei certo matiz irónico nas súas preguntas.

  3. s m

    Carácter ou trazo distintivo de algo.

    Ex: Na reunión había representantes de moitos matices políticos.

Palabras veciñas

matinée* | matíns | Matisse, Henri | matiz | matizable | matización | matizar