matricial

matricial

(< matriz)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás matrices.

  2. impresora matricial [INFORM]

    Impresora que debuxa os caracteres punto por punto grazas a un conxunto de agullas.

  3. mecánica matricial [FÍS]

    Forma da mecánica cuántica desenvolvida por Heisenberg, que consiste en asociar unha matriz a cada variable física. É equivalente ao formalismo da mecánica ondulatoria desenvolvida por Schrödinger, en que as variables son descritas por operadores. OBS: Tamén recibe o nome de mecánica das matrices.

Palabras veciñas

matriarcado | matriarcal | Matricaria | matricial | matricida | matricidio | matrícula