matroneo
matroneo
(< lat matroneu)
s
m
[ARQUIT/RELIX]
Lugar reservado á muller para o culto nos templos paleocristiáns (ss II-VI). De forma xeral, constituíuse como unha galería ou tribuna interna -ou sobre o deambulatorio, nas igrexas de planta pechada- que existía nas naves laterais das igrexas basilicais, desde as que asistían as mulleres ao culto.