Maupertuis, principio de

Maupertuis, principio de
[FÍS]

Forma simplificada do principio de Hamilton da mecánica analítica que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningu-nha referencia ao tempo, aínda que a función de Hamilton da partícula non depende explicitamente do tempo. Enunciado primeiramente por Maupertius, foi establecida en forma matemática por Euler e Lagrange. K. J. G. Jacobi enunciouno como actualmente se coñece. OBS: Tamén se denomina principio de mínima acción.