Mauremys

Mauremys
[ANIMAL]

Xénero de tartarugas, da familia dos testudíneos, que se caracteriza por presentar o pescozo con raias amarelas e estreito e o plastrón ríxido, con placas inguinais. En Galicia atópase a especie M. leprosa, que habita en ríos, lagos, lagoas, charcas e encoros.