Mauro/Maura

Mauro/Maura
[ONOM]

Antropónimo que procede do nome persoal romano Maurus, alcume étnico co significado de ‘mouro, de Mauritania’, que quizais procede dunha antiga lingua indíxena africana. O lendario monxe bieito san Mauro (512-584) celébrase o 15 de xaneiro, santa Maura de Nogent-les-      -Vierges o 28 de xaneiro, santa Maura de Troyes (s IX) o 21 de setembro e a virxe e mártir santa Maura de Ravenna (s III) o 13 de febreiro.