máuser

máuser

(< antropónimo Mauser)

  1. s m [BÉL]

    Nome de diversas armas de repetición que empregaron o mecanismo inventado por Wilhelm von Mauser (Oberndorf am Neckar, Baden-Württemberg 1834-1882) e o seu irmán Paul (Oberndorf  am Neckar 1838-1914). O gran éxito dos Mauser foi un fusil de mecanismo de repetición M 1898 cun depósito con capacidade para diversos cartuchos. Outra arma notable foi unha pistola automática que albergaba o depósito de balas fóra da empuñadura.

  2. s m [BÉL]

    Fusil de repetición.