maxestade

maxestade

(< lat maiestāte)

  1. s f
    1. [HIST/POLÍT]

      Título honorífico dado aos emperadores, emperatrices, reis e raíñas. Empregouse a partir do s XIII, só para os emperadores, e estendeuse pouco a pouco aos reis, ata que foi corrente a partir do s XVII.

    2. [HIST/POLÍT/RELIX]

      Forma de tratamento que se lles dá aos reis, emperadores e a Deus. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

  2. s f

    Carácter de grandeza que inspira respecto e veneración.

    Ex: A maxestade da ponte impresionou a todos.

  3. s f [ARTE]

    Representación de Xesús Cristo ou da Virxe nun trono e en actitude hierática, típica da arte medieval. En particular, os Cristos en maxestade foron coñecidos como a representación (ss XI-XIV) de Xesús Cristo cravado na cruz, vestido con túnica e xeralmente coroado, cun rostro impasible e caracterizado pola ausencia total de dramatismo.