maxilar
maxilar
(< lat maxillāre)
-
adx
Relativo ou pertencente á mandíbula ou ao óso maxilar.
-
[ANAT]
-
s
m
Cada un dos ósos maxilares, o superior e o inferior.
-
óso maxilar inferior
Óso plano e desaparellado, central e simétrico, móbil, en forma de ferradura, situado na parte anterior e inferior da cara. Articúlase cos dous temporais e fai contacto co maxilar superior. OBS: Tamén se denomina mandíbula inferior ou mandíbula.
-
óso maxilar superior
Óso curto e parello, situado no centro da cara, baixo o frontal e o etmoide, cos que se articula ademais do pómulo, o ungüe, o óso do nariz e o vómer. É irregularmente cuadrilátero con dúas caras, catro lados e catro ángulos. OBS: Tamén se denomina impropiamente mandíbula superior. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
s
m