mazdeísmo

mazdeísmo

(< antropónimo Ahura Mazdā, divindade suprema desta relixión)

s m [HIST/RELIX]

Relixión da antiga Persia que orixinariamente tiña un carácter dualista, pero foi interpretada nun sentido monoteísta por Zoroastro, quen estableceu a Ahura Mazdā (Ormazd) como deus supremo. Posteriormente derivou en ritualista e asumiu elementos xudeus e budistas; este sincretismo debilitou o monoteísmo zoroástrico: o principio do mal, Ahrimān (Angra Mainyu), erixiuse en rival de Ormazd, nun dualismo case absoluto. Aínda que a noción de salvador (shaoshyant) foi lixeiramente tardía, correspondeu ao papel representado por Zoroastro. No s VII os mazdeístas refuxiáronse en India e en Persia, e entre estes xurdiron os autores máis destacados das obras teolóxicas mazdeístas, como Dênkart (s IX), os do Libro de Zoroastro (ss XII-XIV) e os de Revâyât (ss XV-XVIII).

Sinónimos

Palabras veciñas

Mazatlán | Mazcuerras | mazdakismo | mazdeísmo | mazdeísta | Mazepa, Ivan Stefanovič | mazmir