mbyá
mbyá
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo mbyá ou á súa lingua.
Sinónimos: guaicurú. -
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo mbyá.
Sinónimos: guaicurú. -
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indíxena de Arxentina que habitaba na zona de Chaco e empregaba o cabalo desde finais do s XVI. Posuía unha sociedade estratificada, cun grupo de xefes ou nobres, outro de habitantes comúns, e un terceiro de prisioneiros, que se podían integrar como membros de pleno dereito da tribo dependendo do seu valor. Enfrontáronse cos colonizadores pero foron masacrados e os supervivintes retiráronse dos seus territorios e integráronse noutros grupos desde finais do s XVII.
Sinónimos: guaicurú. -
s
m
[LING]
Lingua do phylum amerindio que fala o pobo mbyá.
Sinónimos: guaicurú.