meca
(< ár hispánico mákka)
Capital da provincia de Makkah al-Mukarramah, Arabia Saudí (965.700 h [1992]). Considérase a capital espiritual do mundo islámico polo feito de ser o lugar natal de Mahoma. É un centro comercial e turístico, especialmente destinado a acoller os peregrinos, uns 500.000 anuais. Centro comercial e relixioso da época preislámica (Ka’ba), continuou séndoo despois da predicación de Mahoma. Durante os califatos omeia e abbásida foi administrada por membros da familia califal, ata que cara a 960 acadou unha certa autonomía baixo a soberanía fatimita. Despois das dominacións aiúbida e mameluca, dependeu dos otomanos (1517-1916), ata que Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn ibn ‘Alī a declarou independente e Ibn Sa’üd a converteu en capital do reino de Al- Palatino; Palatino;Ḥ i Palatino; ǧ āz (1924). A gran mesquita, situada no centro da cidade, está constituída por un gran recinto rectangular e un patio porticado, construído en diversas épocas ao redor da Ka’ba, situada no centro, cara a que se orientan os mi Palatino; Palatino;ḥ rābs de todas as demais mesquitas; as columnas foron traídas de Siria e Exipto. O sultán Ahmet I fixo erguer un sétimo minarete, para manter a preeminencia da Meca sobre a mesquita azul que construíra en Istambul, con seis minaretes.
Ex: París é a meca da moda.
Citas
- París é a meca da moda.
Frases feitas
-
Ir/Andar de Ceca en Meca. Ir dun lado para outro. Ex: Andei toda a mañá de Ceca en Meca e non logrei facer todas as xestións. OBS: Nestas expresións escríbese en maiúscula.