mecanicista
mecanicista
(< mecanicismo)
-
adx
Relativo ou pertencente ao mecanicismo.
-
s
Partidario ou seguidor do mecanicismo.
-
arte mecanicista
[ARTE]
Arte que se orixinou na segunda metade do s XX, como resultado de procedementos mecánicos ou industriais que constituían a linguaxe da comunicación de masas, coa pretensión de dotar a arte dunha función social práctica.