mecóptero -ra
mecóptero -ra
-
adx
Relativo ou pertencente aos mecópteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos mecópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos holometábolos de dimensións medianas ou pequenas e de corpo alongado, cun aparato bucal mastigador e dúas antenas filiformes, tan longas coma o corpo. As súas catro ás son membranosas, con manchas escuras, e en repouso fican pregadas ao longo do corpo. Coñécense unhas 150 especies, de toda Europa, agrupadas nos xéneros Bittacus, Boreus e Panorpa.