Medalla Castelao

Medalla Castelao

Medalla creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Castelao, o 28 de xuño do mesmo ano. Con este galardón, o executivo autonómico distingue aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo, no ámbito artístico, literario, doutrinal ou en calquera faceta da actividade humana. Segundo se recolle no seu decreto de creación, a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das devanditas obras é o froito da entrega dunha vida e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con fe na cultura, na historia e mais no ser dun pobo.