medallón
medallón
(< medalla)
-
s
m
[ARQUIT]
Baixorrelevo de pedra, madeira ou metal de forma redonda ou elíptica, utilizado como elemento decorativo en arquitectura, especialmente nas fachadas dos edificios. A súa orixe vén do costume, corrente na Antigüidade, de pendurar das paredes dos templos os escudos conquistados aos inimigos vencidos. No Renacemento recuperouse a moda, e foron característicos os medallóns con cabezas humanas ou animais, emblemas, alegorías, monogramas e motivos históricos ou lendarios.
-
s
m
[ARTE]
Xoia con forma de caixa pequena e aplanada, oval ou redonda, onde se gardan retratos, pinturas, guedellas ou recordos persoais. Normalmente está feito con metais preciosos e con pedrería aplicada.
-
s
m
Toro groso de carne ou peixe.
-
s
m
Medalla grande.