Medea
Medea
[MIT]
Heroína da mitoloxía grega, filla de Eetes, rei de Cólquida, e, segundo algunhas versións, de Hécate. Constitúe o prototipo da feiticeira da mitoloxía clásica e a súa lenda está vinculada á dos argonautas, aos que axuda a conseguir o vélaro de ouro para obrigar a Xasón a casar con ela. Foi traizoada polo seu esposo e asasinou os seus fillos como vinganza.