Media
Media
Antiga e vasta rexión de Persia noroccidental que limitaba con Mesopotamia, Armenia, o Mar Caspio, o deserto de Persia e Susa. Suponse que a partir do s IX a C foi sede das tribos iranias dos medos ata que en 550 a C pasou aos persas, que a dividiron en dúas provincias; a partir da chegada dos sasánidas (226), as dúas provincias foron reunificadas e seguiron o destino de Persia.